cerveza aleale

O futuro reside nas cousas feitas con agarimo, próximas, orixinais e libres que, en definitiva, crean diversidade e fan deste mundo o lugar onde queremos vivir.

Grazas por camiñar con nós
cerveza artesana galicia

Cervexa AleAlé. Cervexa artesanal en Galicia. Proximidade e calidade

Elaboramos cervexa artesanal, poñendo atención e cariño no proceso, buscando que o seu sabor identifique tamén a súa naturalidade e frescura. Somos un proxecto pequeno, de proximidade e baseado en calidade, paixón e agarimo, e iso queremos seguir sendo.

Facemos cervexa prácticamente baixo demanda, para que o produto chegue a tí en condicións sempre óptimas e con todas as súas propiedades. Concebimos a cervexa artesanal como un produto vivo, sen aditivos ou coadyubantes, sen conservantes engadidos, elaborado a pequena escala e cunha atención permanente. Coidamos as nosas cervexas, tratando de que todos os pasos ata chegar a tí, cumplan co que consideramos que é indispensable para preservar a súa calidade e aromas, e minimizando o cosumo de combustible e intermediarias. Cervexa AleAlé xurde coa vontade de constituirse como un proxecto de proximidade, unha alternativa local que aporte unhas pingas de sabor e diversidade.

En Cervexa AleAlé, colaboramos con outras organizacións e cervexeiras, a fin de dar vida a unha nova cultura cervexeira en Galicia, que de feito, non é nova, sinon que reúne o coñecemento e a tradición de moitos séculos de historia global.

Somos parte da Pink Boots Society (http://pinkbootssociety.org) para impulsar ademáis a presencia femenina no sector e financiar actividades formativas de xeito colaborativo.

Podes saber un pouco máis sobre nós visitando o seguinte enlace.