En AleAlé elaboramos cervexas naturais e honestas, vivas, sen aditivos ou conservantes.
A nosa primerira experiencia é en 2011 en Cataluña, nunha masía do século XVI e as súas terras. Por entón dimos os nosos primeiros pasos no apaixoante mundo das fermentacións. Por sorte para nós o grande Steve Huxley comezou a visitarnos asiduamente. De feito, este tipo desobediente e de corazón cervexeiro, autor do libro para cervexiáfilos “A cervexa, poesía líquida”, soubo inculcar o amor pola cervexa a medio mundo e estámoslle tremendamente agradecidas. Saber mais.
Co tempo, xa en Galicia, fomos profundizando no mundo das altas fermentacións e dando forma a AleAlé, que quere constituirse como unha cervexa se referencia en Galicia, ampliando a cultura cervexeira local. Como deseñadores industriais con inquietudes artísticas, gastronómicas e en sostenibilidade, facer cervexa parécenos o reto perfecto. AleAlé permítenos vivir facendo o que máis nos gusta: experimentar con sabores e aromas, investigar en tecnoloxías apropiadas e procesos que manteñan a calidade e naturalidade do produto, e tomar as decisións sobre a ética e calidade da nosa actividade.