Pack Auga – Cervexas artesanais galegas

32,00

Pack de 12 cervexas no que poderás degustar estilos como: Dorada Pampeana, Belgian Blonde Ale, Amber Ale, Amber Saison, Extra porter Stout, Session IPA… e ata unha cervexa con auga de mar.

Categoría:

Descripción

O pack de 12 cervexas está composto por:

1. Murga Pampeana, estilo Dorada Pampeana, 6% Vol.Alc, 23 IBU. Cervexa Loira, de amargor baixo a moderado balanceado coa dozura das maltes, toques cítricos e afroitados en aroma e sabor. Lúpulos Citra e Cascade. Marca: AleAlé.

2. Loura, estilo Belgian Blonde Ale, 5,5% Vol.Alc, 21 IBU. Cervexa loira, estilo belga. Trago doado. Feita con lúpulos Saaz e Nugget. Marca: Aloumiña.

3. Lager, cervexa Lager, 5,5% Vol.Alc, 30 IBU. Unha cervexa equilibrada para iniciarse no mundo da cervexa artesanal. Marca: Augas Santas.

4. Bubela Torrada Eco, estilo Amber Ale, 5% Vol.Alc, 47 IBU. Cor torrado, ámbar, sabor maltoso equilibrado co lúpulo, torrefacto, a caramelo ou toffe que lle dan as maltes. Marca: Bubela

5. Rubia, estilo Blonde Ale, 5% Vol.Alc, 22 IBU. Marca: A Cova da Serpe.

6. Doménicus Marina, estilo propio, con auga de mar e pementa xaponesa, 5% Vol. Alc, 20 IBU. Cervexa que sorprende gratamente polos seus matices marinos aportados pola agua de mar. Marca Doménicus.

7. La Ferrolana Pale Ale, estilo Pale Ale, 4,5% Vol.Alc, 34 IBU. Pale Ale con notas florales e cítricas. Marca: La Ferrolana.

8. Carreteira, estilo Extra Porter Stout, 7% Vol.Alc, 25 IBU. Corpo medio-alto, aromas a café, toffee, chocolate, biscoito e regalicia. Cervexa complexas con notas doces, cremosas e torrefactas. Marca: Meiga.

9. Menduiña Loira, estilo European Pale Lager sen Gluten, 6% Vol.Alc, 26 IBU. Cervexa loira con espuma branca. Refrescante, suave e redonda en boca, sútil amargor con final seco. Acompaña queixos suaves, encurtidos, carnes brancas e sushi. Marca: Menduiña.

10. Hollow Tree, estilo Amber Saison, 4,8 % Vol.Alc, 25 IBU. Unha “cervexa de granxa” de trago fácil que combina maltes torradas coas notas especiadas e afroitadas do lévedo belga saison. Os lúpulos Loral e Hallertau Blanc apórtanlle matices que recordan a viño blanco e grosella silvestre, perfectos para o final seco desta amber saison. MARIDAXE: Carnes á prancha, queixo San Simón, chile Chipotle, tacos Pastor, salchichas alemanas e todo tipo de afumados. Marca: Misterio.

11. Illas Cíes, estilo Session IPA, 4% Vol.Alc, 30 IBU. Unha session IPA de 4 % de alcool, onde destaca os lúpulos americanos, con dry hopping de Citra a nosa aposta con baixo alcohol para os amantes do lúpulo. Marca: Nós.

12. Píntega Laranxa, estilo Speciale Belge, 5% Vol.Alc, 23 IBU. Cervexa torrada onde destaca o gusto das maltas seleccionadas, con un lixeiro toque frutal e moi bebible, final seco e cun amargor que lembra a laranxa amarga. Marca: Píntega.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Pack Auga – Cervexas artesanais galegas”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *