Pack Lume – Cervexas artesanais galegas

32,00

12 cervexas artesanais coas que poderás comparar estilos como American IPA e Juicy IPA, American Pale Ale, Saison con uva mencía e Grisette ou unha Farmhouse IPA. Tamén degustarás cervexas torradas como a Brown Ale e Amber Ale, e loiras como as Blonde Ale e a súa variante arxentina Dorada Pampeana.

Categoría:

Descripción

O pack de 12 cervexas está composto por:

1. American Brown Ale, estilo American Brown Ale, 6% Vol.Alc., 24 IBU. Cervexa torrada de cor ambarino con aromas doces e matices de tofe e caramelo. Marca: Cervezas Silvestres.

2. Xistral Mencía Saison, estilo Saison con uva mencía, 5,1% Vol.Alc., 22 IBU. Unha Ale refrescante e estival. A fermentación mixta da protagonismo aos sabores e aromas afrutados da uva mencía da Ribeira Sacra e cítricos dos ésteres característicos deste lévedo belga. Moderada de amargor, alcol e acidez. Cunha apariencia laranxa pálida e un final en boca fresco e seco característico. Marca: Xistral.

3. Guaguancó, estilo Juicy IPA, 7% Vol.Alc., 53 IBU. Cervexa refrescante de cor entre ámbar e dourado, corpo medio e textura sedosa grazas ao emprego de copos de avea, aroma e sabor intensos a froitas tropicais e de oso, amargor balanceado coa dozura das maltes. Marca: AleAlé.

4. Orixe, estilo American IPA, 6,55% Vol.Alc., 70 IBU. IPA de estilo americano onde os lúpulos Cascade, Columbus e Citra son protagonistas frente as maltas. Con aromas frescos e tropicais. Marca: Aloumiña.

5. Mariña Pale Ale, estilo Pale Ale, 5,5% Vol.Alc., 35 IBU. Percíbense aromas frutais e florais, equilibrio entre o sabor da malta e o amargor do lúpulo. Marca: Augas Santas.

6. Apaixonante, estilo American Pale Ale, 5,4% Vol.Alc., 40 IBU. Cervexa de estilo Pale Ale e de cor ámbar. Notas a cereais torrados con matiz a caramelo, seguido do sabor frutado tradicional das grandes cervexas americanas, nas que predomina un final amargo moi refrescante. Marca: Irmaos de Lei.

7. Rubia, estilo Blonde Ale, 5% Vol.Alc., 22 IBU. Marca: A Cova da Serpe.

8. Doménicus Rubia, estilo Dorada Pampeana, 5% Vol.Alc., 20 IBU. Cervexa de carácter suave e refrescante, destacan os toques cítricos. Marca: Doménicus.

9. Ruliña Blonde Ale, estilo Blonde Ale, 4,5% Vol.Alc., 20 IBU. Cerveza loira, suave e con notas florais. Marca: La Ferrolana.

10. Xabaripa, estilo Farmhouse Indian Pale Ale, 6% Vol.Alc., 55 IBU. Cervexa híbrida entre unha saison e unha IPA. Aroma a froita madura. Sabor a limón, laranxa e pexego con matices resinosos. Marca: Meiga.

11. Menduiña Duir, estilo Amber Ale, 5% Vol.Alc., 30 IBU. Cervexa tostada con espuma ámbar. Sabor a maltas doces y final lixeiramente amargo. Marida con queixos fortes, carnes vermellas e peixe azul. Marca: Menduiña.

12. Crystal Gazing, estilo Grisette, 3,8% Vol.Alc., 20 IBU. Unha cervexa rubia, lixeira, equilibrada e refrescante, cun suave toque cítrico e grado alcohólico moderado. As grisette foron un estilo de cervexa de principios do século XX que consumían os traballadores das cidades mineiras do sur de Bélxica. Este estilo desapareceu nos anos 70 e foi rescatado recentemente pola comunidade de cervexeiros artesanais grazas a documentos históricos. Un exemplo claro do que o movemento “craft” aporta á cultura cervexeira internacional. MARIDAXE: peixe, marisco, queixos Cebreiro e Brie, comida thai ou vietnamita e sushi. Marca: Misterio Brewing.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Pack Lume – Cervexas artesanais galegas”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *