Pack Terra – Cervexas artesanais galegas

32,00

Quizáis o máis variado dos nosos packs. Contén 12 cervexas que van dende as máis lixeiras como as cervexas Lager, pasando por estilos belgas como a Belgian Blonde Ale ou a Witbier, estilos americanos como a American Pale Ale e a American Brown Ale e variantes para amantes do lúpulo como unha Black IPA ou Juicy IPA. A guinda final a poñen unha cervexa de estilo particular con auga de mar e pementa xaponesa, unha cervexa torrada estilo Amber Ale e unha Extra Porter Stout para quen se incline mais polas maltes.

Categoría:

Descripción

O pack de 12 cervexas está composto por as seguintes referencias a escoller:

Guaguancó, estilo Juicy IPA, 7% Vol.Alc., 53 IBU. Cervexa refrescante de cor entre ámbar e dourado, corpo medio e textura sedosa grazas ao emprego de copos de avea, aroma e sabor intensos a froitas tropicais e de oso, amargor balanceado coa dozura das maltes. Marca: AleAlé.
Murga, estilo Dorada Pampeana, 6% Vol.Alc, 27 IBU. Cervexa loira, sutilmente afroitada, floral e cítrica e moi refrescante. Marca: AleAlé.
Foliada, estilo Brown Ale, 5% Vol.Alc, 28 IBU. Lúpulos Chinook e Crystal. Cervexa torrada, sedosa en boca, corpo medio-lixeiro e sabor e aroma a toffee, froitos secos e chocolate. Marca: AleAlé.
Apaixonante, estilo American Pale Ale, 5,4% Vol.Alc., 40 IBU. Cervexa de estilo Pale Ale e de cor ámbar. Notas a cereais torrados con matiz a caramelo, seguido do sabor frutado tradicional das grandes cervexas americanas, nas que predomina un final amargo moi refrescante. Marca: Irmaos de Lei.
Rubia, estilo Blonde Ale 5% Vol.Alc, 22 IBU. Cervexa Belga de baixa gradación. Aroma: complexo. Pilsen Malt con aromas sutiles de lúpulo e especias. Marca: A Cova da Serpe. > 3 unidades!
INDIPA, Estilo American IPA, 6.3%Vol, Nesta cervexa rubia destaca o sabor e aroma cítrico e tropical, proveniente dos lúpulos americanos . Cervexa refrescante con alto amargor e algo seca. Corpo e carbonatación media. Marca: A Cova da Serpe.
Loira, estilo European Pale Lager Sin Gluten, 6 %Vol.Alc, 26 IBU. Cervexa loira con espuma branca. Refrescante, suave e redonda en boca, sútil amargor con final seco. Acompaña queixos suaves, encurtidos, carnes brancas e sushi. Marca: Menduiña
Duir, estilo Amber Ale. 5% Vol.Alc, 30 IBU. Cervexa tostada con espuma ámbar. Sabor a maltas doces y final lixeiramente amargo. Marida con queixos fortes, carnes vermellas e peixe azul. Marca: Menduiña
Viuva Negra, estilo Black IPA, 7% Vol.Alc., IBU. Visualmente unha cervexa negra, pero en boca nunha cata a “cegas” pareceríanos una ipa estilo costa oeste americana, conseguindo atraer aos amantes das cervexas negras e ao “hop hunter”. Marca: Nós.
Corax, estilo Doble IPA, 7,5% vol.Alc. IBU N/A. Espuma xenerosa, cor ámbar, sabor con notas herbáceas e amargor medio alto. Marca: O Corvo.
Lager, 5,5 % Vol.Alc, 30 IBU. Unha cerveza equilibrada para iniciarse no mundo da cervexa artesanal. Marca: Augas Santas.
Salgadiña Gose 5,6 17 Premiada Cervexa feita en exclusiva para o restaurante A Cofradía de Rinlo. (Rinlo, Galicia) para maridar co seu arroz
caldoso. Elaborada con auga de mar, limón e cilantro. Premiada en dúas ocasións no Barcelona Beer Challenge. Marca: Aloumiña.
Pitahaya Sour Show, estilo BERLINER WEISSE, 5,1% Vol. Cervexa con sabór ácido e frutal. A adicción de Pitahaya (froita do dragón) aportalle unha cor vermella claro. Cervexa moi refrescante e lixeira de trago longo. Marca: Aqvelarre.

Abelleira, estilo Honey Ale. 6,5% Vol.Alc, IBU N/A. Edición Especial. Cervexa torrada con 3 maltes (de orxo e avea), 2 lúpulos e mel de castiñeiro do lugar de Campolameiro (Pontevedra). Colaboración con Apícola Regueira. Aromas a mel de castiñeiro e doces. Sabores a malte, amargos e cítricos dos lúpulos empregados e levemente a mel no retrogusto. Ideal para tomar con carnes á brasa e sobremesa. Marca: Meiga

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Pack Terra – Cervexas artesanais galegas”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *