
Fresca, natural e independente
Coñecímonos estudiando na facultade de deseño industrial e… Que fan os estudiantes? Beber cervexa! Pero quizáis non da mellor, así que anos despois decidimos poñerlle remedio agrupando coñecementos técnicos de enxeñaría, moito gusto polas artese a gastronomía, o produto natural e a boa cervexa. Xurde AleAlé, a unión da mellor tradición cervexeira coas novas tendencias de vangarda.

Cervexa sobre rodas!
En 2018 puxémonos mans á obra co primeiro beertruck de toda Galicia. Un reto divertido e que nos permite chegar coa nosa cervexa a mais lugares e acompañala de alimentos de calidade e proximidade mediante a colaboración con outras produtoras locais.
Cervexa de billa
Un evento particular? Un festival? Un centro social? Levamos cervexa de billa alí onde nos chamen.

Deseña a túa birra!
Facemos deseños de etiquetas e receitas a medida para eventos e celebracións, para dar a coñecer o teu proxecto ou conmemorar un hito importante.
Dende 2018 contamos cun novo membro da familia AleAlé.
Zesar Bahamonte, músico, ilustrador, artista urbano, galerista e nómada. A súa obra vincúlase a movementos sociais e culturais relacionados coa autoxestión, ás expresións populares e a música. As súas pinturas sembran de cor as rúas de Montevideo, Barcelona, Sevilla, Bogotá, Tel Aviv e moitos outros lugares, e agora tamén as nosas cervexas.

-
SixPack Foliada15,00€ IVA inc.
-
SixPack Murga Pampeana15,00€ IVA inc.
-
SixPack Guaguancó16,20€ IVA inc.