

Convocatoria Sábado 5 de Novembro
A primeira convocatoria terá lugar no Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro, concello de Ares e colaboraremos coa Asociación Betula.
Contaremos coa presenza dun dos principais expoñentes galegos do panorama Folk e de músicas do mundo, cunha longa traxectoria na experimentacións cos sons, letras e melodías, e a súa particular reinterpretación.
Vos recibiremos no Mosteiro dende as 10:45. O xantar e concertos serán tamén nesta mesma ubicación. O MELLOR CAMIÑO PASA POR CERVÁS! Ubicación: AQUÍ
Esta é a ubicación da parcela onde estaremos traballando, por si precisas achegarte aunha vez finalizado o roteiro: 43.448020,-8.279277
https://maps.app.goo.gl/FESKkMgBGZV6e2bNA
Os teléfono de contacto para aclaracións é o 613 03 04 45 ou 660 55 78 39.
Formulario reservas
Neste formulario podes especificar número de asistentes e idades, hora de chegada ou calqueira outra necesidade en canto a alimentación. COMPLETA O FORMULARIO
Recomendacións
Luvas: Levaremos luvas de látex para as persoas participantes, dado que non son traballos excesivamente brutos (trátase máis de eliminar agromos), e algunhas unidades de guantes máis resistentes a por se alguén fai a petición, pero si tes as túas propias luvas de traballo, sempre é máis cómodo para tí.
Calzado: Leva botas de montaña e outro calzado seco como alternativa. Os traballos realizaranse diretamente no monte húmido, zonas con polas e agromos de eucaliptal.
Roupa: Leva contigo roupa de auga e recambio con roupa de abrigo, por se chovera, poder poñerte roupa seca ao remate dos traballos.
Ferramenta: Non precisamos nada máis que as túas mans. Haberá algún traballo de motoserra que farán as persoas que xa están afeitas a facelo.
Ves con cativos?
Coméntao no formulario de inscripción. Durante a deseucaliptización deben estar permanentemente acompañados.

Decenas de miles de hectáreas son arrasadas polo lume cada ano en Galicia. Os múltiples motivos vense agravados polo cambio climático, os monocultivos forestais de especies pirófitas, a falta de biodiversidade e a despoboación rural, entre outros.
É momento de actuar.

SOLD OUT! Edición limitada e solidaria
Lanzamos unha colección de edición limitada e solidaria para apoiar a causa, formada por botellas numeradas, de xeito que ademáis, xuntando a colección de 6 deseños e 3 diferentes receitas, permitíache participar nun sorteo dunha fin de semana en Cariño, Comarca de Ortegal.
Colaboración con seis artistas muralistas galegos
Yoseba, o creador das superaboas que inundan todo o panorama rural e urbán galego; Lula Goce, a muralista viguesa máis prolífera e internacional cunha vintena de premios e recoñecementos; Sokram e Mou, membros do mítico grupo Dios Ke Te Crew e do estudio Mutante Creativo, muralistas e comisarios dalgúns dos principais festivais de muralismo de Galicia, como Desordes Creativas, Rexenerafest o Contemporaneafest e, por último, dúas cooperativas artísticas cos valores de ruralidade, feminismo e ecoloxía moi presentes: Cestola na Cachola (Santiago de Compostela) con numerosas intervencións no rural galego de temáticas relacionadas coa historia e traballos da zona, e Espacio Matrioska, colectivo ourensán co maior proxecto rural de intervención artística non institucional da Provincia de Ourense.